Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica un trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín), devolto polo servizo de Correos.

Mediante este aviso e en cumprimento do establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo servizo de Correos, notifícaselle aos interesados, cuxos datos persoais e último domicilio coñecido figuran no anexo, o trámite de audiencia realizado, en relación coa proposta para modificar o camiño que dá acceso ao predio nº 293 do propietario nº 488, da zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense), cuxa proposta de modificación o afecta e foi devolta polo servizo de Correos.

Ourense, 28 de novembro de 2012

P.A. (Resolución 26.6.2012)
José-Antonio García Rodríguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Destinatarios: Juana Noya Abrunhosa e outro.

Enderezo: avda. Senador Pinheiro Machado, nº 678-Santos, aptdo. 51, Santos, Brasil.

Acto notificado:

Como consecuencia da modificación do camiño que dá acceso ao predio nº 293, tal e como se reflicte no plano de despois que se achega, do propietario nº 488, da zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense), ponse en coñecemento da persoa mencionada que se propuxo a modificación que se cita e que lle interesa.

Durante o prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de recepción desta notificación, poderá alegar todo canto considere conveniente. En caso de non recibir contestación, entenderase a súa completa conformidade coa modificación proposta, que non será efectiva ata que reciba a correspondente notificación da resolución da proposta de modificación.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias, da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar (rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6, baixo) en Ourense. Teléfono: 988 38 64 88.

Modificación proposta:

Modificar o camiño que dá acceso ao predio nº 293, adxudicado no acordo aos propie-
tarios nº 488, Juana Noya Abrunhosa e outro, tal e como se reflicte no plano de despois que se achega.