Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2012/397-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Relacións Laborais, e advírteselles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: RL 2012/397-1.

Acta inf.: I152012000093529.

Empresa: Pedra Padrón, S.L.

NIF: B15925811.

Enderezo: estrada de Lampai, km 0,8 a Pazos, 15900 Padrón.

Materia: seguridade e hixiene (falta de organización preventiva).

Normativa infrinxida: artigos 14.2, 15.1 e 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigos 1, 2 e 10.1 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigo 12.15.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 10.10.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Pedra Padrón, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 27 de novembro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña