Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46753

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 527/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 527/2012.

Demandante: Francisco Aldao Martínez.

Avogado: David Núñez Bonome.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 527/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Francisco Aldao Martínez contra a empresa CTM Montajes, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisco Aldao Martínez contra a empresa CTM Montajes, S.L., a Administración concursal da empresa CTM Montajes, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a CTM Montajes, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 5.822,29 €, incrementada nun 10 % en concepto de mora salarial.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado, e poderá substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa CTM Montajes, en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

A secretaria xudicial