Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46751

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (829/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 829/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gerardo Venancio Álvarez contra a empresa Aisla-Te Rey Ferreiro, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 829/2012.

Na cidade da Coruña, 21 de novembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Gerardo Venancio Álvarez, que comparece asistido do letrado José Nogueira Esmorís, e doutra como demandado Aisla-Te Rey Ferreiro, S.L., que non comparece,

En nome do rei

Ditou a seguinte

Sentenza 883/2012.

Decisión:

1º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Gerardo Venancio Álvarez fronte á empresa Aisla-Rey Ferreiro, S.L., todo iso con absolución da demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0829.12, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0829.12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación á empresa Aisla-Te Rey Ferreiro, S.L., expídese o presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 23 de novembro de 2012

O secretario xudicial