Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (38/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 38/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Rabuñal Catrufo e Antonio García García contra a empresa Vázquez Vidal Construcciones, S.L., despois de ser citado o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza número 877/2012 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 38/2011, sendo demandantes Carlos Rabuñal Catrufo e Antonio García García, asistido pola letrada Sra. Garrido Fernández, e demandada a empresa Vázquez Vidal Construcciones, S.L., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Carlos Rabuñal Catrufo e Antonio García García contra a empresa Vázquez Vidal Construcciones, S.L., e, en consecuencia condeno esta última a aboarlle a Antonio García García a cantidade de 6.465,84 euros e a Carlos Rabuñal Catrufo a cantidade de 6.974,38 euros que lles deben, cantidades que deberán incrementarse co xuro de demora do 10 %, ben que, única e exclusivamente, nos conceptos de contido estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Vázquez Vidal Construcciones, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

A secretaria xudicial