Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46757

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (800/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e ditame se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 800/2011, sendo demandante José Enrique Bello Uribe, asistido polo letrado Sr. López Abad, e demandada a empresa Operen Inmobiliaria, S.A., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Enrique Bello Uribe contra a empresa Operen Inmobiliaria, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a José Enrique Bello Uribe a cantidade de 13.500 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación a Opecen Inmobiliaria, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

A secretaria xudicial