Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46758

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (797/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e ditame se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 797/2011, sendo demandante Erik Nelson Tasayco Vázquez, representado polo letrado Sr. Pousa Meréns, e demandada a empresa Cath Tapea, S.L., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Erik Nelson Tasayco Vázquez contra a empresa Cath Tapea, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Erik Nelson Tasayco Vázquez a cantidade de 2.259,30 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación a Cath Tapea, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

A secretaria xudicial