Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (795/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e ditame se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 795/2011, sendo demandante María del Carmen Guerrero Casado, representada polo letrado Sr. González González, e demandada a empresa Media Digital Press, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por María del Carmen Guerrero Casado contra a empresa Media Digital Press, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a María del Carmen Guerrero Casado a cantidade de 1.736,55 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación a Media Digital Press, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

A secretaria xudicial