Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (435/2010).

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogada: Julia Garea Cao.

Demandados: Construver Obras y Contratas, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 435/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Construver Obras y Contratas, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Número de autos: seguridade social 435/2010.

Na cidade da Coruña, 13 de novembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, en cuxo nome e representación comparece Eva Mª Vidal Rodríguez, e doutra como demandado Construver Obras y Contratas, S.L., que non comparece malia estar citada legalmente, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en cuxo nome e representación comparece o letrado Francisco Requejo Gutiérrez,

En nome do rei

Ditou a seguinte

Sentenza 863/2012.

Decisión:

1º. Estimo parcialmente a acción exercida pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte á empresa Construver Obras y Contratas, S.L., o INSS e a TXSS, e declaro a responsabilidade da empresa por descubertos nas cotizacións dos seus traballadores recollidos nos feitos probados segundo e terceiro cos seguintes pronunciamentos condenatorios:

1º. Condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 9.361,55 euros polas prestacións derivadas dos procesos de incapacidade temporal por continxencias comúns recollidos no feito probado terceiro.

2º. Condeno a empresa demandada a aboarlle á mutua demandante a cantidade de 3.529,25 euros polas prestacións derivadas dos procesos de incapacidade temporal por accidente de traballo recollidos no feito probado segundo. Todo iso con responsabilidade subsidiaria do INSS, para o caso de insolvencia da empresa, polo importe dos 1.650,08 euros que foron directamente satisfeitos pola mutua demandante.

2º. Desestimo a acción exercida fronte á TXSS.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0435.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0435.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación á empresa Construer Obras e Contratas, S.L., expídese o presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 23 de novembro de 2012

O secretario xudicial