Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de novembro de 2012 pola que se notifica a apertura de período voluntario para ingreso de sanción acordada no expediente 107 C 2009/15-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a Elías Mouriño Fernández a apertura dun período voluntario para o ingreso da sanción acordada no expediente 107 C 2009/15-0, incoado pola comisión dunha infracción urbanística moi grave.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O importe da multa deberá facerse efectivo no prazo establecido polo artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, mediante ingreso a favor da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística na conta restrinxida de multas e sancións (artigo 62.2 da Lei xeral tributaria: «se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte. Se a notificación se realiza entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte»).

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística