Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2) Obxecto do contrato: obra.

a) Descrición: rede de sumidoiros na parroquia de Lérez-VI fase (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.963.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 110, do 11 de xuño de 2012.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 212.777,62 euros. Importe total: 251.077,59 euros.

Data de adxudicación: 18 de outubro de 2012.

Importe de adxudicación. Importe neto: 185.116,53 euros. Importe total: 223.991,00 euros.

Data de formalización do contrato: 30 de outubro de 2012.

Contratista: Aquagest, Promoción Técnica y Financiera de Abastecimiento de Agua, S.A.

b) Descrición: mellora do depósito de abastecemento ao Salnés e plan de mantemento. Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Número de expediente: OH.236.1046.

CPV (referencia de nomenclatura): 45259000-7.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 123, do 28 de xuño de 2012.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 110.236,50 euros. Importe total: 130.079,07 euros.

Data de adxudicación: 30 de outubro de 2012.

Importe de adxudicación. Importe neto: 95.905,76 euros. Importe total: 116.045,97 euros.

Data de formalización do contrato: 5 de novembro de 2012.

Contratista: Aquagest, Promoción Técnica y Financiera de Abastecimiento de Agua, S.A.

3) Cofinanciamento da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %) de acordo coa Decisión C (2012) 1621 da Comisión Europea do 27 de marzo de 2012, que modifica a Decisión C (2007) 6079 pola que se adopta o Programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do obxectivo de converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, Eixe prioritario de intervención 3 medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos.

En concreto, a obra indicada coa letra a) encádrase no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes así como de emisarios. A obra indicada coa letra b) encádrase no tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga (auga potable). Actuación 3.45.3: medidas e intervención dirixidas a reducir as perdas na rede. Unha maneira de facer Europa.

4) Outras informacións:

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2012

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia