Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de novembro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/100/2012, devolta polo órgano notificador por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 29 de outubro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística aos herdeiros de Elvira González Vázquez polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na rehabilitación integral dunha edificación tradicional e vertedura de residuos realizados no lugar de Veigas, na parroquia de Cadramón, no termo municipal do Valadouro, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade; comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística