Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de novembro de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2012/19-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A instrutora do expediente sancionador número 107 C 2012/19-0 ditou, o día 9 de novembro de 2012, proposta de resolución na que se propón a imposición dunha sanción a Adelino López Veiga e María del Carmen Yguren Manzano, pola comisión dunha infracción urbanística moi grave pola realización de obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Feirobal, no termo municipal de Esgos, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a Adelino López Veiga, mediante esta cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a devandita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle aos interesados que o texto íntegro da proposta que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela para a súa consulta, no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza a notificación, para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística