Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT para subministración de obra C.H. de San Pedro, no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2012/37-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Iberdrola Generación, S.A.U.

Domicilio social: r/ Tomás Redondo, 1, 28033 Madrid.

Denominación: LMT e CT para subministración de obra C.H. de San Pedro.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV (parte da LMT vai grampada ao muro de formigón) de 130 m con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV, e con orixe na LMT existente (expediente IN407A 1995/026) e remate nos CTS proxectados en caseta na C.H. de San Pedro (Os Peares), de 400 kVA cada un e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 45.214,03 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 22 de outubro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense