Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/122).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: rúa Miraflores, 20 baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMTS Devesa-Catro Ventos.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: LMTS, coa orixe nunha cela que se instalará no centro de transformación e seccionamento existente. CT Albarín (expediente IN407A 124/2011) e rematará na liña de inicio da derivación Devesa, no apoio existente C 16/3000 correspondente ao nº 17 da liña de media tensión Santa Catalina Couto (expediente 27949). A tensión nominal é de 20 kV, o tipo de condutor é RHZ1 2OL 12/20 kV 240 mm2 Al, cunha distancia de 488 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña