Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 19 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a Resolución do 8 de novembro de 2012 pola que se declara a condición de minero-medicinal da auga da captación Novísimo, número 88, no concello de Cortegada (Ourense).

Por petición da Fundación Balneario de Cortegada, a Consellería de Economía e Industria, unha vez cumpridos todos os preceptos legais e regulamentarios, resolve o seguinte:

Declarar a condición de minero-medicinal da auga procedente da captación Novísimo, nº 88, situada no concello de Cortegada (Ourense), declaración que queda suxeita aos requisitos establecidos na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 19 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense