Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46147

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de novembro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Colegio Hogar Novacaixagalicia, do concello de Vigo.

O representante da titularidade do centro privado (CPR) Colegio Hogar Novacaixagalicia, do concello de Vigo, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Equipos Electrónicos de Consumo, e a autorización do CM Instalacións de Telecomunicacións e do programa de cualificación profesional inicial (PCPI) Fabricación Mecánica.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir o CM Equipos Electrónicos de Consumo no CPR Colegio Hogar Novacaixagalicia.

2. Autorizar o CM Instalacións de Telecomunicacións e o PCPI de Fabricación Mecánica no centro privado que se detalla:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Colegio Hogar Novacaixagalicia.

Código: 36011609.

Domicilio: r/ Filipinas, 6.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Novacaixagalicia.

Composición resultante:

– Familia profesional de Artes Gráficas:

1 CM Impresión en Artes Gráficas (1 unidade, 30 alumnos/as).

1 CM Preimpresión Dixital (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– Familia profesional de Electricidade e Electrónica:

1 CM Instalacións de Telecomunicacións (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CM Instalacións Eléctricas e Automáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Automatización e Robótica Industrial (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Mantemento Electrónico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– Familia profesional de Fabricación Mecánica:

2 CM Mecanizado (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CM Soldadura e Caldeiraría (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Programación da Produción en Fabricación Mecánica (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 PCPI Fabricación Mecánica.

Segundo.

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria