Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de setembro de 2012, polo que se aproba o proxecto sectorial para unha planta de tratamento de residuos de construción e demolición (RCD) na comarca da Limia, no concello de Xinzo de Limia, promovido pola Deputación de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo , polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta secretaría xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia do día 20 de setembro de 2012, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

– Aprobar definitivamente o proxecto sectorial para a planta de tratamento de residuos de construción e demolición (RCD) na comarca da Limia, no concello de Xinzo de Limia, promovido pola Deputación de Ourense.

De conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995 (modificada pola disposición adicional segunda da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia), publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do proxecto sectorial para a planta de tratamento de residuos de construción e demolición (RCD) na comarca da Limia, no concello de Xinzo de Limia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Disposicións normativas do proxecto sectorial para planta de tratamento de residuos de construción e demolición (RCD) na comarca da Limia

Obxecto.

É obxecto do presente proxecto o deseño, cálculo, descrición e valoración das instalacións necesarias para a creación dunha infraestrutura ambiental e depósito de residuos para a xestión de RCD en Xinzo de Limia, Ourense.

Preténdese dispor dun depósito axeitado para a recepción dos residuos e da infraestrutura ambiental necesaria para o tratamento previo dos residuos, asumindo deste xeito os principios de xestión do Plan Nacional de Xestión de Residuos de Construción e Demolición (PNRCD), o cal está obrigado, como calquera plan de xestión, a respectar o chamado principio de xerarquía.

A infraestrutura para tratamento de residuos de construción e demolición vaise realizar nunha antiga canteira de 21.283 m2 situada entre os núcleos rurais de Morgade e A Pena do concello de Xinzo de Limia, que linda coa estrada OU-1102 na súa marxe esquerda, a través da cal ten o seu acceso, e cuxas coordenadas UTM son X=608703, Y=4659644 (latitude 42º 4’ 44.49’’ N, lonxitud 7º 41’ 12.36’’ O).

As parcelas que compoñen a dita canteira son as indicadas na seguinte táboa:

Polígono

Parcela

Referencia catastral

138

281

32033A138002810000UD

138

294

32033A138002940000UA

138

301

32033A138003010000UL

138

304

32033A138003040000UM

138

305

32033A138003050000UO

138

309

32033A138003090000UX

138

311

32033A138003110000UD

138

312

32033A138003120000UX

138

314

32033A138003140000UJ

138

327

32033A138003270000UG

138

328

32033A138003280000UQ

138

330

32033A138003300000UG

138

331

32033A138003310000UQ

138

332

32033A138003320000UP

Ámbito de aplicación:

Abarca os terreos lindantes coas estradas e demais vías públicas, exteriores aos núcleos rurais e ao solo urbano, que ofrecen vistas panorámicas do territorio, do curso dos ríos ou dos vales, dos monumentos ou edificacións de valor singular, así como los accesos a fitos paisaxísticos significativos e os propios fitos e que se delimitou para tales efectos nos planos de ordenación do territorio a escala 1:5.000.

Condicións de uso.

Usos permitidos:

1. Usos permitidos por licenza municipal:

1.1. Actividades e usos non construtivos:

a) Actividades de lecer, tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

b) Actividades científicas, escolares e divulgativas.

1.2. Actividades e usos construtivos:

a) Cerramentos ou valados de leiras, que serán vexetais ou realizados con elementos opacos; non superan, neste último caso, a altura máxima de 1,50 m e deben realizarse con materiais tradicionais; non se permite o emprego de bloques de formigón ou outros materiais de fábrica, salvo que sexan debidamente revestidos e pintados.

b) Infraestruturas que estean vinculadas á conservación, utilización e desfrute do dominio público e do medio natural.

2. Usos autorizables pola comunidade autónoma:

2.1. Actividades e usos non construtivos:

a) Accións sobre o solo e o subsolo que impliquen movementos de terra, tales como dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, socalcamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

2.2. Actividades e usos construtivos:

a) As infraestruturas e obras públicas en xeral, tales como as estacións de depuración e os sistemas vinculados á reutilización de augas residuais; os centros de recolla e tratamento dos residuos sólidos que sexan compatibles coa recuperación do ambiente, e, en xeral, todas as que resulten así cualificadas en virtude da lexislación específica.

Usos prohibidos: todos os demais.

3. Condicións de edificación:

Todas as edificacións destinadas ás infraestruturas deberán cumprir, ademais das normas xerais do solo rústico, as seguintes condicións:

• Tipoloxía: terán a condición de illadas, prohibíndose a construción de varias edificacións residenciais sobre a mesma parcela.

• Parcela mínima: 5.000 m2.

• Ocupación máxima: 20 % da superficie neta da parcela.

• Altura máxima: B+1 = 7 m.

• Recuamentos a lindeiros: 5 m.

Con carácter excepcional, poderase levar a cabo edificacións desmontables relacionadas coa actividade que se vai desenvolver na zona, que superen a altura máxima prevista ata un máximo de 10 m.

Non contarán para a ocupación máxima da parcela as edificacións desmontables asociadas á actividade de tratamento.

O recuamento ao eixo da vía será de 12 m para as edificacións e 5 m para o cerramento de parcelas cando non se especifique graficamente outra medida ou cando non den fronte a vías dependentes doutros organismos nos cales lles será de aplicación a lexislación sectorial, respetando sempre como mínimo os recuamentos anteriormente fixados.

4. Condicións específicas:

4.1. Consideraranse como prioritarias as seguintes cuestións:

a) Respeto á paisaxe e ao ambiente natural.

b) Preservación da pureza do ambiente.

c) Non afectar correntes de augas superficiais ou subterráneas, con desvíos, minguas de caudal ou polución mediante verteduras.

4.2. En caso de producirse destrución de arboredo, deberase efectuar a repoboación da leira con árbores da mesma especie, unha vez finalizada a actividade, así como ao seu coidado ata o desenvolvemento normal das novas árbores. Así mesmo, unha vez finalizada a actividade, deberán realizarse os traballos necesarios para a restitución da topografía. Para este efecto, na licenza municipal, no momento de ser outorgada, farase constancia expresa desta condición.

4.3. Adoptaranse as medidas necesarias para evitar, durante a execución dos traballos, molestias a terceiros: limpeza de residuos en vías, eliminación de ruídos, sinalización axeitada, reparación de vías afectadas etc.