Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada, presentada por Frinova, S.A. para as instalacións que posúe no concello do Porriño (clave M: 2012/IPPC/M/117).

Segundo o que se indica no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, faise público que, polo prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de renovación da autorización ambiental integrada para as instalacións que Frinova, S.A. posúe no concello do Porriño (Pontevedra), co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular as alegacións, suxestións e/ou observacións que xulgue convenientes. A documentación que se expón será:

Proxecto básico para a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada de Frinova, S.A. no O Porriño (Pontevedra).

O dito documento estará á disposición dos interesados en horario de atención ao público nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental (rúa de Fernández Ladreda, 43, 1º-4º; 36003 Pontevedra).

– Concello do Porriño (rúa de Antonio Palacios, 1, 36400 O Porriño, Pontevedra).

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental