Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 3 de decembro de 2012, da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2012, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a MG Otero Consultores, S.L., en relación coa subvención percibida Orde de subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, financiada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente faise saber:

1. Que tentada a notificación do informe definitivo de control financeiro a MG Otero Consultores, S.L., non foi posible practicala.

2. Que, por medio do presente anuncio, ponse de manifesto que MG Otero Consultores, S.L. ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación deste no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Consellería de Facenda), de luns a venres, e en horario de 9.00 a 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a MG Otero Consultores, S.L.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivesen comparecido, a notificación entenderanse producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións