Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46123

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan de canalización do río Barbaña e regato de San Bieito.

Anuncio de aprobación definitiva do Plan de canalización do río Barbaña e regato de San Bieito redactado polo enxeñeiro Marcos Maderuelo Álvarez (equipo redactor Eptisa), o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O Pleno da Corporación en sesión ordinaria do 29 de novembro de 2012 adoptou entre outros os seguintes acordos:

«Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas pola Sociedade Galega de Historia Natural, representada por Alejandra Couto Vázquez en relación co expediente de aprobación do Plan de canalización do río Barbaña e regato de San Bieito polos motivos expresados no informe do técnico redactor do Plan do 10 de setembro de 2012, do que se remitirá copia aos interesados xunto coa notificación do presente acordo.

Segundo. Aprobar definitivamente o Plan de canalización do río Barbaña e regato de San Bieito cos condicionantes resultantes dos informes sectoriais emitidos e de acordo co disposto na Resolución do 7 de novembro de 2012 ditada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que se incorpora ao expediente.

Cuarto. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Quinto. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, achegando unha copia autenticada do expediente tramitado e dous exemplares do Plan aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola secretaria do Concello.

Sexto. Remitir unha copia autenticada do Plan aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e á Xefatura da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia».

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

San Cibrao das Viñas, 29 de novembro de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde