Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46122

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de información pública sobre actividade de taller no polígono industrial A Chan da Ponte.

María del Carmen Alejandro Rodríguez solicitou licenza municipal para a actividade de taller, que se situará no polígono industrial A Chan da Ponte, nº 2, nave 6, Salvaterra. De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública, mediante inserción de anuncio no BOP de Pontevedra, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, por un período de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza, co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría municipal, todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Salvaterra de Miño, 14 de novembro de 2012

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde