Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46121

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de información pública sobre legalización de serradoiro de madeira en Puzo (Lira).

José Carlos Gil Domínguez, en nome e representación de Maderas Lira, S.L., solicitou licenza municipal para a actividade de legalización de edificación destinada a serradoiro de madeira, que se situará en Puzo, nº 11, na parroquia de Lira. De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública, mediante inserción de anuncio no BOP de Pontevedra, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, por un período de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza, co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría municipal, todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Salvaterra de Miño, 8 de novembro de 2012

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde