Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública relativo a unha subestación transformadora.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente nº 27246/11, tramitado por instancia de Unión Fenosa Distribución, S.A., de licenzas municipais de obras de demolición de edificación e construción de nova edificación para a remodelación e posta en funcionamento da subestación transformadora de Ponte Sampaio, en Pontevedra.

Pontevedra, 25 de outubro de 2012

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo