Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre legalización de almacén agropecuario e fosa de xurro.

Herminia Salvado Piñeiro solicitou nesta alcaldía licenza municipal para legalización de almacén agropecuario e fosa de xurro en Vilarrel, Castrofeito, neste termo municipal; e cumprindo co disposto na lexislación de aplicación, sométese á información pública por espazo de vinte días hábiles co fin de que durante este as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, e poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

O Pino, 14 de novembro de 2012

Manuel Taboada Vigo
Alcalde