Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre legalización e apertura de taller destinado a reparación de maquinaria agrícola de man.

Castor Martínez Carracedo, con DNI 34716578-X, solicitou licenza municipal para legalización e apertura de taller destinado a reparación de maquinaria agrícola de man, nun local de planta baixa sito na avenida Beato Sebastián de Aparicio, nº 153, da Gudiña. En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretente instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Gudiña, 12 de novembro de 2012

Guillermo Lago Pérez
Alcalde