Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (referencia L-7/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: L-7/2012.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza dos centros cívicos de Castrillón e Elviña. Duración: dous anos contados a partir da data de formalización do contrato, prorrogables por un ano máis ata un máximo de tres anos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 69.972,16 € anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: no web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es d) Enderezo: praza de María Pita 1-2º.

7. Clasificación: U 1 A.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que deben presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura das proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde de Contratación