Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46125

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas, proxecto de modificación do réxime de usos do polígono industrial.

Unha vez aprobado inicialmente, por acordo do Pleno do día 29 de novembro de 2012, o proxecto de modificacion do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas, proxecto de modificación do réxime de usos do polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense), redactado polo equipo redactor Eptisa, de acordo cos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, xornal La Voz de Galicia e xornal La Región de Ourense.

Durante o dito prazo, calquera persoa interesada poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é dun ano.

A área afectada pola suspensión comprende a totalidade do polígono industrial se San Cibrao das Viñas, sectores A, B e C.

San Cibrao das Viñas, 29 de novembro de 2012

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde