Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46126

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública sobre un proxecto de legalización.

Rafael Varea Cabanillas, en representación de Gas Galicia, Sociedad para el Desarrollo del Gas, S.A., solicitou licenza municipal que ampare o contido no proxecto de legalización denominado Proxecto para a regularización de redes de distribución de gas natural no termo municipal de Tui. Autorización conxunta anual de instalacións e gas canalizado para o ano 2011, en vías urbanas do concello de Tui e conexión da rúa Colón co solo urbano de Randufe. En cumprimento do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo, que empezará a contar desde a inserción deste anuncio no DOG e no BOP, poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e poidan formular por escrito as alegacións que consideren oportunas todas aquelas personas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar.

Tui, 25 de outubro de 2012

Moisés Rodríguez Pérez
Alcalde