Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46127

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación do servizo de atención e control do público (expediente 4240/12).

1. Entidade que adxudica. Organismo: organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Número de expediente: 4240/12.

2. Obxecto do contrato. Descrición: atención e control do público.

Lugar de execución: instalacións do Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

Prazo de execución: dous anos máis unha prórroga dun ano.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 87.386,30 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante); teléfono: 986 26 77 83-84. Fax: 986 27 31 87.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo L, subgrupo 6, categoría A.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, monte da Madroa, s/n, 36316 Teis, Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, Vigo.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 23 de novembro de 2012

(Decreto de delegación do alcalde-presidente
do Concello de Vigo do 13 de xuño de 2012)
Mª Jesús Lago Rey
Presidenta do organismo autónomo municipal
Parque das Ciencias Vigo-Zoo