Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46129

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da licitación para a subministración de pezas especiais de vestiario (expediente 4277/241).

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Fomento. Número de expediente: 4277/241.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración por lotes de adquisición de vestiario destinado ao seu uso polo persoal muncipal no desempeño das súas funcións. División por lotes e número de lotes/Número de unidades: si. Lote 1: chaleco reflectante. Lote 2: camiseta térmica. Lote 3: pantalón de inverno. Lote 4: pantalón de verán. Lote 5: anorak patrulla. Lote 6: polo de inverno. Lote 7: anorak polar. Lote 8: luvas de pel ignífugas. Lote 9: pantalón de deporte. Lote 10: polo. Lote 11: camiseta de deporte. Lote 12: pantalón retardante.

Lugar de entrega: segundo os tipos de pezas, estas serán entregadas nos lugares que se relacionan a continuación: 1. Casa consistorial do Concello de Vigo; 2. Parque Central Santa Cristina: rúa Bagunda, nº 1; 3. Parque Central de Bombeiros de Teis; 4. Parque Auxiliar de Bombeiros de Balaídos: Estadio de Balaídos.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 233.057,00 euros. Dotación por lotes. Lote 1: 6.825,00 euros. Lote 2: 9.272,00 euros. Lote 3: 68.940,00 euros. Lote 4: 34.470,00 euros. Lote 5: 6.000,00 euros. Lote 6: 30.640,00 euros. Lote 7: 37.760,00 euros. Lote 8 : 5.940,00 euros. Lote 9: 14.310,00 euros. Lote 10: 12.150,00 euros. Lote 11: 2.025,00 euros. Lote 12: 4.725,00 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e as follas de especificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 8 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pzaza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 28 de novembro de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación