Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2012/193-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS novas saídas nova subestación Cangas II.

Situación: Cangas.

Características técnicas: liñas de media tensión subterráneas que a continuación se describen, de saída da nova subestación Cangas, a 20 kV con condutor tipo RHZ, todas con orixe no punto de acceso proxectado (nó 0) e coas lonxitudes e finais que se detallan: LMTS Cangas-G.E. Bueu: 28 metros, final nó 1. LMTS CAG 806C: 900 metros, final CT San Cosme (nó 16). LMTS CAG 802: 3.030 metros, final nó 13. LMTS CAG 806: 1.803 metros, final nó 9. LMTS CAG 804: 1.803 metros, final nó 9. LMTS CAG 803: 1.808 metros, final CT San Pedro II. LMTS CAG 804C, CAG 805, CAG 805C e CAG 807C, as catro de 1.814 metros y final no nó 10. A instalación está situada na zona de Coiro, Cangas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 7 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra