Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2012/147).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS e CT lago do Acevedo.

Situación: Cerceda.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, 20 kV, cunha lonxitude de 0,475 km, con orixe en empalmes proxectados que se van realizar na LMTS ao CT O Panadeiro (expediente 235/2001), no tramo entre o CS Celtibox e o CT O Panadeiro (expediente 91/2006) e remate na cela de liña existente no CT O Panadeiro, unha vez entre e saia no CT proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 mm2 Al).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña