Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Outeiro, Vilarrubín, no concello da Peroxa (expediente IN407A 2012/27-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Outeiro, Vilarrubín.

Situación: A Peroxa.

Características técnicas:

– LMT aerosubterránea, a 20 kV de 15 m en aéreo, con condutor LA-56, con orixe na LMT existente ao CT Cinconogueiras (32AA09) e 724 m en subterráneo con condutor RHZ1 e remate no CT rural proxectado Pousa de 160 kVA e R/T 20.000/400-220 V.

– LMT aérea ao CT existente aéreo Melle (32AA08).

– RBT aereosubterránea de 770 m en aéreo con condutor RZ e 35 m en subterráneo con condutor XZ1, derivada do CT proxectado.

– RBT aéreo de 710 m con condutor tipo RZ derivada do CT existente Cinconogueiras.

Orzamento: 166.004,58 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 2 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense