Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45693

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2012 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal laboral, convocado por Resolución da Universidade de Santiago de Compostela (USC) do 24 de setembro de 2012.

Por Resolución do 24 de setembro de 2012 convócase a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante no cadro de persoal laboral da USC.

Finalizado o prazo para presentar solicitudes, en conformidade co informe do vicerreitor de Investigación e Innovación, e tras comprobar que o candidato elixido cumpre cos requisitos e especificacións exixidos na convocatoria, o reitor, de acordo co disposto no artigo 87 dos estatutos da USC,

dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal laboral, anunciada por Resolución do 24 de setembro de 2012 (DOG nº 191, do 5 de outubro).

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao traballador que se relaciona no anexo a esta resolución.

Terceiro. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ao reitorado da USC no prazo de tres días.

Cuarto. O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou dun mes se comporta cambio de residencia ou reingreso ao servizo activo. O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento.

Número de praza: PL001257.

Grupo: I.

Categoría laboral: técnico superior de xestión.

Complemento de posto singularizado: 1.0.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Villaverde Acuña, José Luis.

DNI: 33257626-V.