Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45695

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2816/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2816/2012 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Baltar Díaz contra a empresa Todocopia, S.A., Fogasa, sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 12 de novembro de 2012.

Únese o anterior escrito, presentado pola letrada Celia Pereira Porto, en nome e representación de José Manuel Baltar Díaz, ao recurso correspondente. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos están á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o coida necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, a menos que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a cal se recorreu se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo. A notificación a Todocopia, S.A. farase a través de edictos que se publicarán no DOG.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos. E para que sirva de notificación a Todocopia, S.A., con último domicilio en Pena Trevinca, 17, Ourense.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial