Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (29/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 29/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Cotón Botana contra a empresa Jovisan Chorreos y Revestimientos, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Estímase a demanda formulada por Francisco Javier Cotón Botana contra a empresa Jovisa Chorreos y Revestimientos, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Jovisa Chorreos y Revestimientos, S.L., a aboar a Francisco Javier Cotón Botana a cantidade de tres mil cincocentos noventa e tres euros con nove céntimos (3.593,09 euros). Os conceptos salariais xerarán os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina María Mercedes Pena Moreira, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña)».

E para que sirva de notificación a Jovisa Chorreos y Revestimientos, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial