Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1379/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1379/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Otero Rosende contra a empresa Witland Group, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Mónica Otero Rosende contra Witland Group, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle á demandante 63.363,25 euros, cantidade respecto da cal 44.552,34 euros se incrementarán cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto do traballador. Non procede realizar pronunciamento de condena ao Fogasa nesta resolución, nin de condena das custas procesuais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación en depósito de 300 euros máis a cantidade obxecto de condena respecto da empresa condenada.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Witland Group, S.L., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial