Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45709

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (69/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 69/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construciones Concheiro do Barbanza sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada pola Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones Concheiro do Barbanza e, en consecuencia, condeno esta empresa a aboarlle á demandante 290,84 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Concheiro do Barbanza, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial