Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/22/12).

Laurindo Gómez Alonso solicitou da Alcaldía licenza municipal de actividade para a legalización dun establecemento dedicado a centro ecuestre, pista e cortes, sito en Chenlo, A Ladeira, nº 7, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra- poidan examinar o expediente AM/22/12, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

O Porriño, 2 de novembro de 2012

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde