Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2012/65-2, 8034 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Pizarras Vilarbacú, S.L.

Domicilio social: r/ Estrada de Veigamuíños, nº 156, 32200 O Barco de Valdeorras.

Denominación: proxecto para documentar a liña de MT 20 kV para a súa cesión a Fenosa e proxecto de liña de MT 20 kV e CT de 160 kVA para a alimentación a explotación de lousa en Pacios da Serra.

Situación: concello de Quiroga.

Características técnicas:

– LMTA existente, con orixe nun pórtico existente propiedade de Fenosa, no cal se produce a derivación á localidade de Pacios da Serra, e final nun apoio proxectado tipo HVH-2500/14, cunha lonxitude de 1.187 metros en condutor tipo LA-30 tensado sobre apoios metálicos e de formigón.

– LMTA proxectada, con orixe no apoio proxectado HVH-2500/14 e final no CTI Pizarras Vilarbacú, cunha lonxitude de 666 metros en condutor tipo LA-56 tensado sobre apoios de formigón.

– CTI Pizarras Vilarbacú, instalado sobre apoio de formigón cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 19 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo