Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 15 de outubro de 2012, relativa ao proxecto do Parque Eólico Acibal, nos concellos de Barro, Moraña e Campo Lameiro (Pontevedra), promovido por Norvento, S.L.

Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Darlle publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, con data do 15 de outubro de 2012, relativa ao proxecto do Parque Eólico Acibal, nos concellos de Barro, Moraña e Campo Lameiro (Pontevedra), promovido por Norvento, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas