Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o proxecto de solicitude de licenza municipal de actividade para a construción da estación depuradora de augas residuais en Barrantes, concello de Ribadumia (expediente IA/0161/2012-4).

De conformidade co disposto na disposición adicional terceira do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días o expediente IA/0161/2012-4 co fin de que calquera interesado poida examinalo e, se é o caso, formular as alegacións que considere convenientes, en horas de atención ao público, na Xefatura Territorial en Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Fernández Ladreda, nº 43-4º, 36003 Pontevedra) e no Concello de Ribadumia (avda. de Ribadumia nº 3, 36626 Ribadumia, Pontevedra).

Pontevedra, 12 de novembro de 2012

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra