Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44893

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual nº 3 do Plan xeral de ordenación municipal deste concello.

A Corporación municipal en Pleno, en sesión que tivo lugar o 29 de outubro de 2012 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar aprobación inicial á modificación puntual nº 3 do Plan xeral do ordenación municipal do concello de Sanxenxo, contida no documento asinado o 8 de agosto de 2012 por Rafael Vázquez Abal, José Manuel Rey Rial e Juan Lorenzo Ramírez.

Segundo. Ao abeiro do disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), sométase o expediente completo ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra.

Terceiro. Simultaneamente, e durante o mesmo tempo que a información pública, déaselles audiencia aos concellos limítrofes e solicítense os informes sectoriais que resulten pertinentes, consonte o manifestado nos informes dos técnicos municipais que constan unidos ao expediente, co fin de que sexan emitidos no prazo máximo dun mes, agás que a lexislación sectorial sinale outro prazo.

En consecuencia, durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente nas oficinas da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Sanxenxo, 31 de outubro de 2012

Catalina González Bea
Alcaldesa