Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44892

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre ampliación e apertura de almacén existente na nave do Marco (expediente 16695/11).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente 16695/11, tramitado por instancia de Victoriano Moldes Ruibal, S.A., de licenzas municipais de obras de ampliación e apertura de almacén existente na nave sita no lugar do Marco, nº 22, en Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 24 de outubro de 2012

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo