Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44891

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle no Rodel.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 9 de agosto de 2012, aprobou inicialmente o estudo de detalle en parcela sita na r/ O Rodel da Illa de Arousa, redactado polo arquitecto Mariano Vázquez Iglesias e presentado por María Elena Iglesias Prado, o que se expón ao publico durante un prazo de vinte días para os efectos da presentación de alegacións ou reclamacións a el, de conformidade co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

A Illa de Arousa, 16 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Vázquez
Alcalde