Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de exposición pública sobre solicitude de licenza municipal da empresa Pazo do Carregal, S.L.

Neste concello tramítase o seguinte expediente sobre concesión de licenza municipal:

Solicitante: Pazo do Carregal, S.L.

Actividade: fabricación de pratos elaborados de gama alta.

Situación: rúa Mercado Comarcal-Lonxa Agropecuaria (Verín).

Para cumprir co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de 20 días hábiles, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación do presente edicto no BOP, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente no Servizo de Urbanismo do concello e formular por escrito as reclamacións ou as observacións que consideren oportunas.

Verín, 16 de novembro de 2012

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde