Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44895

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de personal laboral non fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza a convocatoria de postos de traballo para cubrir 2 (dúas) prazas mediante contrato de revezamento ao 75 % da xornada.

2 prazas de policía portuario/a - concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 10 (dez) días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 21 de novembro de 2012

Ignacio López-Chaves Castro
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo