Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (502/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 502/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Daniel Vázquez Castro contra a empresa Baño Norte, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decisión:

Que estimando a demanda interposta por Daniel Vázquez Castro, con DNI 47401024W, contra a empresa Baño Norte, S.L., debo declarar e declaro que procede, e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 577,99 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso de suplicación, pois a contía litixiosa da reclamación non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g da LRXS).

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Baño Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de outubro de 2012

A secretaria xudicial