Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44829

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3079/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 3079/2012-RCUD 281/2012 MAY, seguido por instancia de Enrique Bouzo Rocha contra Fogasa, Taguive, S.L., Fibras de Madera, S.A., Administración Concursal Taguive, S.L. e Industrias de Tableros de Valga, S.A. (Intavalsa), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do/da secretario/a xudicial. M. Socorro Bazarra Varela. A Coruña, 2 de novembro de 2012. O anterior escrito presentado ante a Oficina de Rexistro e Notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no día de hoxe polo letrado Adolfo José López Fernández, na representación que exerce de Enrique Bouzo Rocha, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado. Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo. Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario, Fibras de Madera, S.A., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de novembro de 2012

A secretaria xudicial